O Noso Rancor
- Trade Unions-
- Eu só
podo dicir unha cousa: nunca fixen dano a ninguén, nunca fixen dano a ninguén!
- Iso é
o que din todos os patróns. E son tan hipócritas que case os cremos.
- Nunca
fixen dano a ninguén.
- Por
iso ceibastes dos cárceres os delincuentes, e encerrastes os comunistas, eh?
Así é, compañeiros. Os fascistas non son como os fungos, que nacen nunha noite.
Non. Foros os patróns quen sementaron os fascistas. Quixéronos...,
pagáronlles... E cos fascistas, os patróns gañaron cada vez máis, até non saber
onde meteren os cartos. E así inventaron a guerra. E mandáronnos a África, a
Rusia, a Grecia, a Albania, a Hespaña... Mais sempre pagamos nós! Quen paga? O
proletariado, os obreiros, os campesiños, os pobres!
Estoupa
contra a miña face
O mesmo
vento que nos trouxo aquí
Após
anos de represión e morte
O
camiño nunca se parou
E
despois de toda a vosa honra
A nosa
xustiza nunca se rendeu
Sabede
que non abonda unha camisa negra
Para
vos refuxiardes detrás de tanta vergoña
Non
abonda unha páxina menos de historia
Para
que volvades saír do sumidoiro
Defendendo
o pasado, defendendo a memoria
Ti
talvez lembras
Esas
faces asustadas e esas persoas
Executadas
sen culpa unha mañá de inverno
Falabas
de patria, fidelidade e honra
Mais na
nosa mente só fica rancor
Mais
cando procuro un responsábel desta dor
O único
que vexo é o industrial traidor
Xente
que pagou, sostivo e quixo
O
fascista asasino e servidor do Estado
Non
existe antifascismo nin rebelión nin vitoria
Sen
borrarmos antes o capital da historia
Non
existe paz con pobreza, sen xustiza social
Sen
liberdade